•
•
•
•
•
•
•
•
Unidade Didáctica
para Primeiro Ciclo
da ESO
Unha cidade con historia
Os centros de saber
Os pioneiros
Un nadal perpetuo
Dacabalo de dous séculos
Cunqueiro, o incomparable
Outros escritores mindonienses do século XX
O Mondoñedo literario actual
Así era
Mondoñedo
a principios
do século XX
Mondoñedo é unha localidade situada no norte da provincia de Lugo,
preto do Mar Cantábrico. É unha cidade histórica e, como tal, ten título rexio
concedido dende hai séculos e chegou a ser unha das sete capitais do vello
Reino de Galicia.
Foi dende a Idade Media un importante centro económico, social e
relixioso, o que fixo que alcanzase un grao de desenvolvemento cultural moi
importante en diferentes eidos: artesanía, gastronomía, educación…
Na actualidade segue a ser un dos enclaves de referencia da Mariña
lucense, principalmente pola súa historia e cultura, pois non en van deu a
Galicia e a mundo pintores, músicos, escritores e outros artistas de fama
universal.
AGORA TI
1.
2.
3.
Procura nun mapa de Galicia a situación exacta de Mondoñedo. Investiga cal é a distancia que a
separa do mar e cal a que a separa de Lugo e logo tenta descubrir a cantos quilómetros se atopa
do lugar onde vives.
Busca información sobre o Reino de Galicia e as súas sete capitais. Intenta descubrir cales eran
esas sete cidades e durante canto tempo foron capitais do Reino.
Consulta unha enciclopedia ou calquera outra fonte de información en papel ou en internet e
busca baixo a voz “Mondoñedo”. Anota o nome dos artistas que figuren vinculados a esta cidade.
Seminario Santa Catalina
Edificio da Biblioteca
Instituto Ensino Secundario
Como centro de importancia do norte galego dende hai séculos,
Mondoñedo posúe distintos centros de saber nos que se atesoura boa parte do
seu legado histórico e literario.
O máis antigo e talvez o máis sobranceiro é o Real Seminario Menor
Santa Catarina, onde se formaron moitos dos grandes escritores mindonienses
e galegos dos séculos XIX e XX, pois nas súas instalacións impartíronse
sempre aulas e aínda seguen a darse clases na actualidade como centro de
ensino medio.
Do mesmo xeito, tamén o Instituto San Rosendo de Ensino Medio,
con máis de medio século de existencia, constitúe un dos centros de
ensinanza públicos máis antigos de Galicia de entre os situados en localidades
que non son capital de provincia.
Finalmente, a Biblioteca Pública garda unha das mellores
hemerotecas da contorna e nela poden consultarse coleccións dos moitos
xornais e revistas que chegaron a existir ao longo do tempo en Mondoñedo.
AGORA TI
1.
2.
Investiga cando foi fundado o Real Seminario e tenta informarte sobre personaxes destacados
que pasasen polas súas aulas.
Coa axuda do teu profesor, intenta coñecer o nome dalgún xornal ou revista que se publicase en
Mondoñedo e que escritores das nosas letras colaboraron neles.
A min chaman Todomira
señora do gran tesouro;
por estrela clarecida
xago neste Valedouro.
Mais traidor foi que un mour
Ponte do Pasatempo
o vilán que me vendeu
que de Lugo a Ribadeu
todos me tiñan temour
de min, a triste Frouseira
que por traición foi vendida,
derrubada na ribeira,
que xamais se veu vencida.
Fragmento do
Memorial que contén a
Relazón da carta xecutoria
Pranto da Frouseira
Festas Minervais de
1697
Un dos primeiros textos histórico-literarios relacionados con
Mondoñedo é a obra en prosa coñecida como Relazón da carta xecutoria,
onde se relata o axustizamento do Mariscal Pero Pardo de Cela a fins do
século XV, nobre que se enfrontou aos Reis Católicos en defensa dos
intereses galegos. Este relato incorpora tamén fragmentos en verso, como o
famoso poema “Pranto da Frouseira”, onde se transmite o laio pola traizón que
os propios homes do Mariscal lle fixeron revelando onde se atopaba agochado
para que puidesen prendelo e acabar con el os soldados dos Reis Católicos.
Mais os primeiros autores mindonienses de nome coñecido foron
Xosé Castillo Trigo e Lucas de Miranda Méndez de Cancio, escritores en
castelán e latín que participaron en 1697 nun volume colectivo dedicado a
Alonso de Fonseca, un dos fundadores da Universidade de Santiago, que
levou por título Festas Minervais.
AGORA TI
1.
2.
Busca información sobre o personaxe histórico de Pero Pardo de Cela. Descobre que era a
Frouseira e se aínda segue existindo.
Investiga que foron as Festas Minervais e procura descubrir porque levaban ese nome.
ALBORADA
Galego
Sudando desde Argomoso
hoxe á vila veño eu
pra festexar ó Meniño
que no pesebre nacéu.
Veño entre estos rapaciños
aquí hoxe aturuxar,
xa que teño pouco chiste
e solás para cantar.
Coro
Xa que ves da túa aldea
a festexar antre nós
o nacemento nas pallas
do mesmo Fillo de Dios,
déixate de cirimonias,
escomenza o a lá lá,
que nosoutros cantaremos
conforme ó estilo de acá.
Eu de Seivane
alegre veño
por ver a festa
de Xesús neno.
Meu amoriño,
xunto a tí chego
o meu servicio
aquí ofrecendo:
os meus haberes,
o meu respeto,
a miña alma
e canto teño.
¡Malpocadiño!
¡Cómo te vexo!
¡Encoiro e frío,
sin outro achego!
Coro
¡Vivan os probes,
vivan contentos,
pois de probez
ven tal exemplo!
Galego
Solo
Eu pasmo, meus rapaciños,
mais espricarme non sei
vendo entre os bois, ¡miña xoia!,
do ceu e da terra ó Rei.
Xa os veciños
dos barrios estos
a saludarte
veñen moi ledos;
gordos e fracos,
mozos e vellos,
todos pasmados
veñen correndo.
Solo
Despois de facerlle a venia
a gaita podes sacar
e nosoutros pandeiretas
para a foliada empezar.
Tonadilla
Solo
Solo
Coro
Por tí, meu dono,
estamos vendo
hoxe os camiños
de xente cheos:
probes e ricos,
grandes, pequenos,
todos ofrecen
amor ó Neno.
Vivan os probes, etc.
Coro
¡Vivan os probes,
vivan contentos,
pois de probez
ven tal exemplo!
Solo
Si no que pasa
hoxe aquí penso
bágoas dos ollos
córrenme a rego;
e si cantando
seguir pretendo,
márrame folgo,
márrame preito.
Coro
Vivan os probes etc.
Solo
Solo
Xa os veciños
dos barrios estos
a saludarte
veñen moi ledos;
gordos e fracos,
mozos e vellos,
todos pasmados
veñen correndo.
Os das Rilleiras
todos a feito
facerche queren
o seu festexo,
todos de presa
veñen con lenzos
e ricas mantas
de terciopelo
Coro
Coro
Coro
Vivan os probes etc.
Vivan os probes etc
Solo
Veñen os probes etc.
Solo
Por tí, meu dono,
estamos vendo
hoxe os camiños
de xente cheos:
probes e ricos,
grandes, pequenos,
todos ofrecen
amor ó Neno.
Tamén de Grobe
e do Piñeiro
das Curuxeiras
e máis do Outeiro,
todos regalos
traen nos cestos,
pra demostrarche
os seus desexos.
Antonio María de Castro e
Neira
No século XVIII e primeiros anos do XIX en Mondoñedo, continuando
cunha tradición iniciada na Catedral de Santiago no século anterior, formouse
un importante grupo de cultivadores de vilancicos en galego ao redor da súa
catedral. Os autores máis coñecidos deste tipo de composicións foron Antonio
María de Castro e Neira (Mondoñedo, 1771-1826), os irmáns Luís Corral
Rodríguez (Mondoñedo, 1784-1830) e Xosé María Corral Rodríguez
(Mondoñedo, 1783-1843) e mais Xacinto Romualdo López e López Bolaño
(Ribadeo, 1808- Mondoñedo, 1895). Todos eles constitúen a que se coñece
como Escola de Cantores Mindonienses do Nadal.
Estes poemas narrativos, moi relacionados coa literatura de tradición
oral e os romances relixiosos, foron famosos non só no Mondoñedo e na
Galicia da época, senón que por aquel tempo foron cantados vilancetes en
galego polo tempo do Nadal en catedrais de diferentes lugares de España e
Portugal.
AGORA TI
1.
2.
Procura información sobre algúns autores de vilancicos importantes da Escola Compostelana do
século XVII. Busca tamén algúns datos biobibliográficos sobre os autores mindonienses que se
citan no texto.
Investiga que é un romance e como son os romances relixiosos. Compáraos cun vilancete e di en
que se che parecen e en que non.
Cunquiña deleitosa,
onde todo frolece, e todo medra;
recuncho que ós magoados dás
refolgos
co incenso da maleza
i a sombra dos seus soutos caladiños,
i a iauga das súas fontes, limpa e
fresca,
¿botarás algún día de entre os fiunchos,
e os infantes da veiga,
tanta limacha moura
como nila se atopa en donde quera,
e, fuxindo do sol, sempre arrastrados,
i a poder de rastrexo, a todo chegan,
e que todo che enliman,
cando todo no-adentan?...
¡Dios te libre da praga, e faiga logo
que o teu vale, Vatibria, limpo vexas
de cantos do teu comen,
e non sucan teu pan, nin nele segan!...
Ora ben o primeiro gran escritor da tradición literaria mindoniense é
sen dúbida o poeta Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo, 1954-1912),
quen, despois de estudar no seminario mindoniense, pasou a Santiago en
1870 a cursar Medicina, licenciándose en 1877. Como médico exerceu toda
a vida en Mondoñedo, onde morreu en 1912. Da súa autoría é o volume
poético Cantares gallegos (1911) e o estudo médico en coautoría con
Pastor Taladrid Pereira Apuntes para la geografía médica del distrito de
Mondoñedo (1910). Moitas outras composicións súas espalladas pola
prensa do país de fins de século XIX e primeiros do XX foron recollidas
polos distintos editores modernos dos seus textos, que tamén deron conta
da súa obra como traductor ao galego, como narrador e como poeta en
castelán.
A súa poesía abala entre o paisaxismo intimista doutros escritores do
XIX e a poesía social de forte denuncia antieclesiástica ou de carácter
patriótico.
AGORA TI
1.
2.
¿Coñeces algún outro libro dalgún outro autor galego que se titule tamén Cantares gallegos?
Procura poemas de Leiras Pulpeiro nos que se distinga a súa escrita paisaxista intimista, social
antieclesiástica e social patriótica.
PRÓS DA PAULA
Naide mellor que vosoutros
sabe, queridos paisanos,
que a penas si eu son un pobre,
insignificante bardo,
rudo para as “etiquetas”,
sin méritos pra agasallos.
Conste que baixei á vila
pola gratitú forzado;
e para ben persuadirvos
de que nin pra xuglar vallo,
procurarei (coa licencia
dos máis vellos), decir algo.
A Gaia Ciencia dos vates
que en Mondoñedo privaron,
por disposición do Olimpo
Leiras e mais eu a herdamos.
Particiós feitas, distintos
rumbos seguimos entrambos.
El gustaba da Mariña:
o seu numen soberano
vía “as cabezas erguidas
dos nove pinos do Castro”,
i encaraba, destemido,
os vagallós do mar bravo.
Á miña musa prestoulle
unha fadiña o refaixo,
i anduvo polos carreiros
dos montes coloreando...
Mentras foi pícara nova
pra ela non houbo descanso:
as airas das Coruxeiras,
de Cesuras os ribazos,
e de Romariz os felgos
i o Santo Cristo do adro,
poideran serme testigos
de canto a tentou o diaño...
Moza vedraia, cousiñas
humildes a embelesaron:
unha lágrima da aurora
antóxaselle un palacio,
i amárgalle non ser reina
para poder habitalo...
De presente, a miña xoia
ten moitos cabelos brancos...
Antes que as contas de alxófar,
impórtanlle as do resario,
e da Virxen dos Remedios,
que os da Paula idolatramos,
se aprouxima, coas maus dreitas,
os cos peíños descalzos,
triste, presentindo as noites
de inverno no campo santo...
Leiras e Veiga lle acenan,
e, raposiñando, os anos,
inda que terca resmunga,
fanna camiñar pra baixo...
Máis desque Dios a recolla,
i en pena dos seus pecados
nin fiíño de la quede
da fimbria do seu refaixo,
¿esquencerá Mondoñedo
os píncaros do Parnaso?
¿Non xerarán máis que ortigas,
solo rendirán samargos
ermos, que pra alcanzar rosas
de cen follas, desbravamos?
¿I ha desparecer conmigo,
vai a expirar nos meus labios
o gallego, esta faliña,
“Cristo das lenguas”, que exalto?
¡Mil veces non! Tentadores
ollos, que eclipsaran astros,
pedindo están novas liras,
farán nacer novos cantos...
I a Fala, ¡a floriña humilde
dos ermos!, o Idioma patrio
en que as fonteliñas rezan
e garulan os paxaros,
aínda máis que á rosa de ouro
¡que bendice o Padre Santo!
¡máis aínda, Pai do ceio,
o veneran meus paisanos!,
i ha ser sempre, cal noutrora
foi o numen do Rei Sabio,
prós desterrados, ¡suspiro!,
e prós opresores, raio.
O outro grande escritor mindoniense desta época histórica foi o tamén
poeta Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1969-Viveiro, 1947). Como
Leiras, tamén se formou no seminario mindoniense e logo cursou estudos
de Maxisterio –que non rematou– pasando a actuar como mestre primario
en diversos lugares de Galicia. Ademais de moita obra poética en xornais e
revistas, publicou en volume o poemario Montañesas (1904), que,
aumentado e refundido, deu lugar a Do ermo (1920). Foi autor tamén dos
poemas De ruada (1895) e Leite fresco (1898) –logo incluídos nas
sucesivas edicións de Do ermo–, do prólogo “Un-has palabriñas” para o
libro Balsaminas (1899) de Arturo Sánchez Núñez, dun relato en galego
costumista e humorístico titulado “¡Vai torta!” (1904), do volume
paremiolóxico Como falan os brañegos (1928), e do cantigueiro popular A
Virxen y-a paisanaxe (1914).
A súa poesía repártese entre as composicións de carácter lírico, os
textos de natureza social, os poemas humorísticos e os de circunstancias.
AGORA TI
1.
2.
Procura no dicionario o significado de paremiolóxico.
Atopa poemas de Noriega Varela que exemplifiquen as distintas temáticas características da súa
obra.
Con vinte anos
Moceando
De rapaz, con
seus irmáns
Amor de auga lixeira,
Muiñeira.
Amor de auga
tardeira,
Ribeira.
A Preguerra
Amor de auga frolida,
Cantiga.
Cos seus amigos Del Riego e
Carballo Calero
Amor de auga
perdida,
Ña amiga.
Cos seus fillos
César e Alvaro
Con Risco
Cos seus amigos Blanco Amor e Celso Emilio
Diante da
Porta Santa
Doutor Honoris
Causa
En Mondoñedo
A Posguerra e
a Democracia
Con varios familiares e amigos
Con Otero Pedrayo
Coa súa irmá Carmiña
A obra
Instalados xa en pleno século XX viña ao mundo o máis importante
dos escritores mindonienses, Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 1911Vigo, 1981). Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta das máis variadas
temáticas, xornalista, nigromántico, periodista deportivo etc. etc. foi, todo e
máis, Álvaro Cunqueiro. A súa obra –políglota en canto á lingua, aínda que
principalmente bilingüe en galego e castelán– é un fito obrigado e punto de
referencia ineludible nas historias da literatura tanto galegas coma
españolas. O influxo do seu universo creador nos escritores galegos
posteriores foi importantísimo e o conxunto da súa obra é hoxe lida e
estudada como a dun clásico galego e universal. Títulos como Mar ao
norde (1932), Cantiga nova que se chama riveira (1933), Poemas do si e
non (1933), Dona do corpo delgado (1950), Merlín e familia (1955), O
incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958), Escola de
menciñeiros (1960), Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961), Xente de aquí
e de acolá (1971) ou Os outros feirantes (1979) constitúen a mellor
demostración da impresionante altura literaria deste escritor.
AGORA TI
1.
2.
Busca nalgunha fonte de información a que xénero pertencen cada un dos libros aquí citados.
Investiga sobre a faceta profesional de Cunqueiro: ¿que formación tivo?, ¿a que se dedicou
amais de a escribir ficcións?, ¿onde traballou?, ¿que relación tivo a súa dedicación laboral coa
súa escrita?
Daniel Pernas
Nieto
Xosé Crecente Xosé Trapero
Vega
Pardo
Celestino Cabarcos
Suárez
Estatua da Fonte dos Pelamios
Eduardo
Lence Santar
Moitos outros escritores notables formaron parte da escola
mindoniense no pasado século, ben por ter nacido no propio Mondoñedo
ben por terse formado nel ou vivir unha parte decisiva da súa vida alí. Entre
os máis destacados cóntanse os poetas e cóengos Celestino Cabarcos
Suárez (Alaxe, Ferreira do Valadouro, 1883-San Vicente de Lagoa, Alfoz,
1961), Daniel Pernas Nieto (Quende, Abadín, 1884-Mondoñedo, 1946) e
Xosé Crecente Vega (Castro de Rei, 1896-Segovia, 1948), o xornalista
Xosé Trapero Pardo (Castro de Rei, 1900-Lugo, 1995), o historiador
Eduardo Lence Santar (Mondoñedo, 1876-1960) e, sobre todo, o poeta e
tamén periodista Xosé Díaz Xácome (Mondoñedo, 1910-A Coruña, 1998).
Este último publicou sendo moi novo o seu primeiro
poemario, Primeiras cantigas do amor (1936), prologado polo seu amigo
Cunqueiro. Logo daría a coñecer títulos como Pombal (1963) e Muíño fidel
(1983) e dedicaría a súa vida ao xornalismo nos periódicos El Pensamiento
Navarro, Faro de Vigo e La Voz de Asturias.
AGORA TI
1.Investiga que obras publicaron os autores citados no primeiro parágrafo e indica a que xénero
pertencen.
2.Profunda na biografía destes escritores e tenta descubrir cal é a razón que levou a Mondoñedo
a aqueles que naceron fora desta cidade.
César Cunqueiro
Antonio Reigosa
Marina Mayoral
Na actualidade proseguen a tradición literaria mindoniense diversos
autores, mais tres nomes salientan de entre todos: César Cunqueiro
(Mondoñedo, 1941), Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) e Antonio Reigosa
(Zoñán, Mondoñedo, 1958).
César Cunqueiro, notario de profesión, publicou en galego a novela
Beatum corpus (1993), ademais do relato satírico “A morte de Nancy
Reagan” (1988). Como ensaísta literario publicou en 1991, ano no que se
dedicaba o Día das Letras Galegas a Álvaro Cunqueiro, varios artigos
sobre a figura de seu pai.
Marina Mayoral, profesora universitaria de literatura, é unha
destacada escritora tanto en castelán coma en galego. Na nosa lingua
publicou as novelas Unha árbore, un adeus (1988), O reloxio da torre
(1988), Chamábase Luís (1989), Tristes armas (1994), Ao pé do magnolio
(2004) e Case perfecto (2007), ademais do libro de relatos Querida amiga
(1995).
Antonio Reigosa, guía cultural de museo, é un dos autores
infantoxuvenís máis importantes da literatura galega actual. Entre os moitos
textos que leva publicados –grande parte deles relacionados coa nosa
literatura de tradición oral– destacan títulos como Memorias dun raposo
(1998), Resalgario (2001) ou Bacoriño (2004).
AGORA TI
1.
2.
Fai unha pequena investigación e amplía a información biobibliográfica destes tres importantes
escritores mindonienses actuais.
Investiga pola túa conta e tenta descubrir algún outro nome de autor mindoniense dos nosos
días.
Descargar

Noriega Varela - Asociación de Escritores en Lingua Galega